domingo, 23 de octubre de 2016

SEGUNDA SESIÓN DE XOGAR A PENSAR
O ZOO DE XOQUÍN

Esta pasado venres, volveu Pepa para facernos pensar un pouquiño. Ao chegar do patio, atopámonos una sábana no chan e parecía que había cousas debaixo. Enriba, Pepa deixou colocado un conto: O Zoo de Xoquín
Pepa deixara unha mensaxe para nós. O primeiro sería escoitar atentamente a historia do conto, no que un neno chamado Xoquín decide convertirse en inventor e armar 10 animais con material de refugallo. Despóis, teríamos que convertirnos en inventores e tratar de armar nós algún animal (ou calquera cousa) co que atopáramos debaixo da sábana. E deberíamos facelo traballando en equipo, non de forma individual.
  Así que, tras rir un pouco cos animáis que conseguía facer Xoquín no conto, dispuxémonos a inténtalo nos.  Levantamos a sábana e atopamos un montón de cousas e, por grupos, puxémonos mans a obra.


  Ao intentar levar a cabo o encargo de Pepa de construir cousas en equipo, dímonos conta do difícil que é isto. Que para traballar en equipo é importantísimo falar entre nos. En casi todos os grupos había alguna idea, pero costaba compartirlas cos demáis. Dímonos conta de que é maís fácil facer as cousas de forma individual, que ter que estar de acordo para chegar a un resultado común.
 Un dos grupos esforzouse moito para levar a cabo a misión, e prácticamente sós inventaron esta XIRAFA
coas suas patas e pés, corpo amarelo, longo pescozo, boca e ollos.

  E noutro dos grupos fixo falta un pouco de axuda, pero apareceu esta CASA
  con catro paredes, unha porta e unha cheminea.

  Gustounos moitísimo esta actividade de reciclaxe, así que repetirémola para practicar os trucos do BO TRABALLO EN EQUIPO

No hay comentarios:

Publicar un comentario